A presente comunicación forma parte dun traballo de investigación máis amplo enmarcado na metodoloxía cualitativa. En concreto é un estudo de caso levado a cabo nun centro de ensino secundario de A Coruña.
O obxectivo principal era tratar de coñecer como influíu a implantación das TIC en distintos aspectos relacionados co centro e analizar as razóns das modificacións que se produciron.
O que pretendemos neste momento é amosar os achados en relación aos aspectos didácticos, é dicir, describir como a incorporación das TIC mudou as metodoloxías empregadas na aula e contrastar estas coas empregadas tradicionalmente polos docentes do centro.
This communication is part of a broader research project framed in the cualitatvia methodology. In particular is a case study carried out at a university secondary in the province of A Coruña. The main objective was to try to learn how the implementation of ICT in various aspects related to the Centre and analiar influenced the reasons of the changes that occurred. Clain at this time is to show findings in relation to the educational aspects, i.e., describing how the incorporation of ICT changed methodologies employed in the classroom and contrast these with those used traditionally by teachers of the Centro.