Amalia Gallego Sequeiros
A vila existía no aspecto práctico termal anteriormente á data que se utiliza como fundación polos irmáns Peinador (1873), cando as súas augas foron declaradas de utilidade pública. A súa importancia chegou a ser de tal magnitude que é o único caso no mundo que, polas necesidades do establecemento termal que practicamente era autosuficiente, orixinou en 1924 un novo municipio con autonomía propia. O nivel dos termalistas que acudían cada verán a Mondariz chegou a converter o Gran Hotel nun centro internacional, nos ámbitos social, político e cultural.