Antonio Freire Magariños
A cura balnearia é un mptodo de curación contrastado histórica e cientificamente. Os tipos de auga, os centros hidrotermais, e os seus mecanismos de acción da cura: físicos, químicos, biolóxicos e psíquicos, ofrécenlles ás persoas con discapacidade, e entre elas ás persoas con trastorno do espectro do autismo, unha boa oportunidade para unha mellor calidade de vida, proporcionándolles mellorar a súa independencia persoal, evitar a súa deterioración funcional, proporcionar o respiro familiar, fomentar as súas relacións sociais, ademais de importantes beneficios psicolóxicos e favorecer a súa autoestima e confianza en si mesmos.