Rosa Meijide Faílde
Os tratamentos en balnearios utilizan augas mineromedicinais co obxectivo de mellorar e previr problemas de saúde. Cunha gran tradición médica de uso nos últimos anos realizáronse múltiples estudos clínicos e básicos cos que se acumulou unha abundante evidencia científica da eficacia da balneoterapia e os seus mecanismos de acción. Hoxe en día, enfermidades moi prevalentes na poboación, moitas delas ligadas ao envellecemento e a estilos de vida pouco saudables, atopan nos balnearios un excelente aliado como terapia complementaria e preventiva. Os avances na terapia acuática permitiron novos enfoques terapéuticos en problemas do desenvolvemento entre os que se inclúen o trastorno do espectro autista.