Imos propoñe-la posibilidade de utiliza-los Círculos de Calidade (C.C.) como unha das posibles solución á problemática actual das organizacións, e incluso como sistema de apoio a outras estratexias como pode se-lo Redeseño do Traballo (R.T.). Tras unha breve introducción ós C.C. como medio para canaliza-la participación no contexto laboral, estableceremos unha relación entre C.C. e R.T., atendendo basicamente ó proceso de Motivación.