Este artigo pretende ofrecer uns trazos xerais da evolución do modelo relixioso español no último medio século aproximadamente. O punto de partida constitúeo a etapa que se inicia con posterioridade á guerra civil de 1936. Como queira que o tema é o suficientemente amplo como para abordalo minimamente nestas pouca páxinas, centrarei a exposición nunha reflexión sobre a necesaria distinción que debe facerse, ó referirnos a fenómenos relixiosos, entre o contido ético-moral que emana do modelo doutrinal hexemónico dunha época e o modo como incide e é vivido polo conxunto da poboación a quen vai dirixido, contextualizándoo no marco do período temporal escollido e focalizando a atención nun aspecto concreto destes modelos doutrinais que se suceden que se revela como de grande importancia na configuración destes: a sexualidade.