Cipriano Luis Jiménez Casas, José Manuel Varela Rodríguez, Paula Estévez Salazar, Pilar Pardo Cambra, Sonia Alvarez Pérez, Antía Fernández Castro, Mercedes López Francisco, Ana Fernández Araujo, M. Lorenzo Alguacil, A. Casabella Fidalgo de Lemos, Amparo Maquieira Prieto, M. Blanco Delgado, A. Rodríguez González
Cando día a día recolliamos nunha especie de caderno de bitácora a situación da pandemia da covid-19 ao longo de 2020, 2021 e 2022, lembramos os libros de Javier Moro: A flor de piel, do ano 2015, que fai referencia á historia da Real Expedición Filantrópica da Vacina, onde aparece o personaxe histórico de Isabel Zendal, a enfermeira que acompañou os nenos que formaron parte daquela expedición e os nenos da varíola de María Solar, do ano 2017, coa mesma temática. Tamén nos veu á memoria o libro de Albert Camus, la peste, 1947, no que relata a historia duns doutores que descobren o sentido da solidariedade no seu labor humanitario na cidade de Orán (Alxeria), azoutada por unha epidemia de peste. E, máis recentemente, lemos las noches de la peste, de Orhan Pamud, 2022, no que indaga nas pragas do pasado, hoxe desgraciadamente de actualidade. Camus e Pamud serían Premios Nobel de Literatura nos anos 1957 e 2006.