Miguel Ángel Vázquez Vázquez
En 2022, a OMS publicou un Informe mundial sobre o edadismo ou a discriminación por razón de idade. En España, sufrimos unha das situacións máis tráxicas do mundo que non está aínda ben documentada e da que coñecemos algúns datos. O edadismo é un fenómeno negativo na nosa cultura que lesiona os dereitos e causa danos mortais nas persoas máis vulnerables. Presentamos datos de mortalidade en residencias e analizamos razóns que entendemos que foron causais. Contrastamos información oficial e terminamos con catro propostas de mellora para unha sociedade do futuro.