[Resumo] A irrupción nas nosas vidas da COVID-19 levou a información sanitaria e sobre saúde á primeira páxina das axendas mediáticas, pero hai moitas máis crises relacionadas coa sanidade que a do coronavirus. Asuntos como o tratamento informativo da violencia machista teñen visto moitos máis repasos académicos e profesionais por parte do sector xornalístico, pero existe moita máis confusión no caso doutros elementos da saúde física e mental das persoas. Dende o acoso escolar ata o suicidio ou dende o aborto á información sobre catástrofes, este artigo pretende facer un repaso polos erros e acertos dos medios de comunicación na súa forma de levar estes asuntos aos titulares, así como poñer de relevancia as propias eivas e dificultades que atopan os xornalistas á hora de enfrontarse a estas temáticas e aportar consellos para tentar facer máis doada unha boa cobertura sanitaria.
The emergence of COVID-19 into our lives has brought health and health information to the forefront of media agendas, but there are many more health-related crises than coronavirus. Issues such as the informative treatment of gender-based violence have seen many more academic and professional reviews by the journalistic sector, but there is much more confusion in the case of other elements of people’s physical and mental health. From bullying to suicide or from abortion to information on catastrophes, this article aims to review the mistakes and successes of the media in their way of bringing these issues to the headlines, as well as highlighting their own obstacles and difficulties. which journalists find when dealing with these issues and tips to try to make good health coverage easier.