Marisa Cortizo Pérez
[Resumo] Empezamos explorando as dúas caras da soidade (pracer ou desgraza), para posteriormente centrarnos na segunda e subliñar o impacto da mesma na saúde mental e física da nosa poboación de forma xeral e máis especificamente en tempos de pandemia. Ter presente a soidade e o illamento na promoción da saúde da poboación xeral é unha tarefa prioritaria dentro dos retos actuais da psicoloxía clínica na atención primaria e merece unha mirada completa e integral que nos permita activar aqueles recursos sanitarios e comunitarios que amortecen os efectos acumulados dunha sociedade cada vez máis individualista agora sometida a circunstancias de emerxencia.
[Abstract] We start exploring both faces of loneliness (pleasure and misfortune), to later focus on the last and underline the impact that it has on both the physical and mental health of our xeral population, especially in pandemic times.Attending loneliness and social isolation must be a priority when promoting clinical psychology health in the general population among primary care teams. A comprehensive integrated look is needed to activate health and community resources that can cushion the accumulative effects of a society ever more individualistic now under special circumstances.