Irene Martínez Montero
As condutas relacionadas co oral remítennos a unha etapa do desenvolvemento caracterizada pola dependencia fisiolóxica e emocional, pola indiferenciación do neno respecto a o seu exterior e pola vivencia fragmentada das sensacións.
Os recursos para acceder ás fontes de satisfacción e para tramitar o sufrimento son precarios durante este primeiro ano de vida e inclúen a incorporación dos obxectos de maneira oral. Estes comportamentos inscríbense no preverbal.
Etiquetar estas condutas no adulto, cando son extremas (por exemplo, atacaduras, abusos de substancias, vómitos, inanición etc.), como un “pecado” (contra Deus ou contra a Saúde) sen analizar a súa orixe nin significación, leva a propoñer tratamentos centrados exclusivamente na eliminación a través do control.
En cambio, interrogarse arredor da orixe do sufrimento e da posición que o suxeito adopta, favorece o desenvolvemento de vías alternativas e máis maduras para o manexo das dificultades e conflitos vitais, ao introducir a palabra e a relación terapéutica como parte do tratamento.
Oral-related behaviours refer us to a stage of development characterized by physiological and emotional dependence, by the child’s undifferentiation with respect to his exterior and by the fragmented experience of sensations.
The resources to access sources of satisfactions and to deal with suffering are precarious during the first year of life and include the incorporation of objects orally. These behaviours are inscribed in the preverbal.
Labelling these behaviours in adults, when they are extreme (eg. binge eating, substance abuse, vomiting, starvation, etc.) as a “sin” (against God or against Health) without analysing their origin or significance, leads to proposing treatments focused exclusively on elimination through control. Instead, questioning about the origin of suffering and the position that the subject adopts, favours the development of alternative and more mature ways of managing life difficulties and conflicts, by introducing the word and therapeutic relationship as part of the treatment.