Este traballo de investigación enmárcase na perspectiva desenrolada polo Grupo de Traballo sobre Construtivismo e Evolucionismo da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Oviedo, formado, entre outros, polos Profesores José Carlos Sánchez González, Tomás R. Fernández Rodríguez e Ignacio Loy Madera. O seu obxectivo é ensaiar unha visión xeral da Psicoloxía desde un Construtivismo virado cara a coordinación, sen reducionismos, de evolución, acción e historicidade. A tarefa da que este texto se ocupa é a de estender esa visión ao ámbito da Psicoterapia. Isto deume a oportunidade de pensar a miña práctica psicoterapéutica con máis riqueza e amplitude.
Neste cometido resultoume particularmente inspiradora a obra de François Jullien e de Giorgio Nardone. Quero agradecer os comentarios de Juan García Haro e José Carlos Loredo Narciandi, e especialmente de José Carlos Sánchez González, cuxa pegada intelectual anima estas páxinas. A Andrés Cabero Álvarez, por ser un referente no exercicio da Psicoloxía Clínica. Aos meus compañeiros de traballo –Natalia polo Word e Carlos polos espazos de diálogo–. A vida é un presente con plans de futuro. O meu agradecemento tamén a todas as persoas que me levan a contraria, porque me axudan a pensar. E ao “Minor Swing” de Django Reinhardt, por marcar o ritmo nas tardes de verán da redacción final.