Evelyne Friedel
O dereito á asistencia médica das persoas autistas é un dereito fundamental.
Ante todo, é o dereito á protección da saúde, e isto esixe que se reteña o estadio máis avanzado da ciencia no eido internacional.
Os coidados achegados teñen que ser adaptados. Débense dispensar unicamente os coidados estrictamente necesarios e apropiados. A esixencia de asistencia médica adaptada conduce a interrogarse sobre a problemática da hospitalización.
O respecto do dereito á asistencia médica esixe unha información permanente sobre os coidados achegados e unha avaliación personalizada dos coidados que se teñen que aplicar.
A asistencia médica non se aplicará en ningún caso en detrimento da educación.
O respecto do dereito á asistencia médica pasa a fin de contas polo dereito de poñer en tea de xuízo a responsabilidade profesional.