José Villanueva Rey, Tareixa Barberena Fernández, Oscar Reboiras Loureiro
Os medios de comunicación teñen unha gran función social. Neste sentido, son fundamentais para que colectivos coma o das Persoas con Discapacidade se integren con total normalidade e poidan formar parte activa da sociedade. Na prensa galega observamos como as informacións sobre estas persoas son breves, teñen pouca transcendencia e publícanse sobre todo no verán. É por iso que tanto os medios de comunicación coma as propias asociacións e colectivos deben tomar conciencia deste problema e levar adiante unha serie de medidas que contribuirían a mellorar o tratamento informativo.