O traballo profesional coas Persoas con Trastornos do Espectro Autista implica compromiso de persoa a persoa, preparación constante, esforzo e tenacidade. Ao que, noutras épocas, se dicía de todo vale, hoxe a resposta é: formación, coñecementos, metodoloxía e experiencia. Moita experiencia, que os profesionais na súa actividade como terapeutas teñen que aplicar e adaptar á idiosincrasia da Persoa con Autismo. O traballo en equipo, fundamental neste campo, non supón, para os profesionais, perder a súa independencia, enteireza e responsabilidade nas súas actuacións.