Se hai 15 ou 20 anos, nos fixésemos a pregunta ¿Unha Persoa con Autismo é capaz de realizar un traballo?, probablemente a resposta sería que non, que unha Persoa con Autismo ou con Trastornos do Espectro Autista, tal como actualmente se denomina esta síndrome, sería incapaz de ter un traballo, unha ocupación.
¿Onde radicaba o problema? Evidentemente nas nosas propias incapacidades ao non saber, que ás Persoas con Autismo, como a nós mesmos nos sucede, hai que ofrecerlles, facilitarlles, toda unha serie de propostas e ver cales son as que eles elixen e mellor se adaptan ás súas preferencias, aos seus gustos e posibilidades. O mesmo que nos sucede a nós, cando aínda existe a posibilidade de poder elixir un traballo.