Preséntase unha revisión das condicións nas que se pode reducir de forma significativa o comportamento autista con suxeitos que mostran unha mellora importante, pero que manteñen os signos básicos do autismo e suxeitos nos que acontece unha mellora máis radical. Neste último grupo incluímos a epilepsia tardía e a síndrome de dismaduración, que se tratan de forma máis detallada. Pódense derivar algunhas leccións con respecto ao autismo:
1. Un uso do xogo físico posiblemente apropiado nalgúns casos.
2. A Teoría da Simulación, como unha explicación posible para algunhas fases de desenvolvemento.
3. Cando sería apropiado esperar melloras radicais do comportamento