As síndromes amnésicas transitorias son entidades clínicas inusuais nas que se produce unha perda temporal e brusca dalgún proceso asociado á memoria. A amnesia global transitoria é unha síndrome neuropsicolóxica caracterizada por unha repentina amnesia anterógrada que dura menos de 24 horas e que non está acompañada doutras alteracións cognitivas ou síntomas neurolóxicos. Neste artigo preséntase un caso clínico dunha síndrome amnésica transitoria recorrente ao cal se lle realizou unha avaliación neuropsicolóxica. O obxectivo é a determinación de déficits cognitivos e psicopatolóxicos que contribúan á filiación diagnóstica e axuden a adecuar a posterior intervención terapéutica.
Transient amnestic syndromes are rare clinical entities in which there is a sudden, temporary loss of some process associated with memory.
Transient global amnesia is a neuropsychological syndrome characterized by sudden anterograde amnesia that lasts less than 24 hours and is not accompanied by other cognitive impairments or neurological symptoms. This article presents a clinical case of a recurrent transient amnesic syndrome in which a neuropsychological evaluation has been performed. The aim is to determine cognitive and psychopathological deficits that contribute to the diagnostic affiliation and help to adapt the subsequent therapeutic intervention.